O Toucinho continúa

Este blog naceu para as eleccións galegas do 25 de setembro, e tras esas eleccións tocaba facer unha reflexión sobre o futuro do blog. Pero non como a reflexión do PSOE, senón con calma e construtiva. Despois de facer esa reflexión, o blog vai continuar. Aínda quedan moitas cousas por contar e as máis de 500 visitas e 50 seguidores en redes sociais deste humilde espazo mostran que hai interese en que sexan contadas. Pero imos ter un par de cambios. Por un lado, o ritmo de saída dos posts vai diminuír e o novo obxectivo é sacar un mínimo dun post cada 10 días. Chegaremos ó Nadal cuns 10 novos posts e logo avaliaremos como seguir. Pola outra banda, sen a urxencia das convocatorias electorais, trataremos de complementar a visión crítica da situación actual con máis análises e propostas construtivas. Os primeiros novos post analizarán o que sucedeu nas eleccións e a nosa predición. E nos seguintes, sen deixar de ter postas as luces cortas, acenderemos máis a miúdo as longas.

Advertisements

Por que non votar a Feijoo

Chegan as eleccións e toca escoller a quen votar. A escolla persoal depende de varios factores como a ideoloxía ou o candidato. Nestas eleccións o PP está intentando que os comicios se convertan nun exame sobre o seu candidato: Feijoo. Imos exponher neste post 3 argumentos que calquera persoa, sexa conservador ou progresista, galeguista ou centralista, debería compartir sobre por que non debe Feijoo repetir como presidente da Xunta de Galicia.

Seguir lendo “Por que non votar a Feijoo”

Narcos: series, libros e unha foto

O tema do narcotráfico parece que está de moda, ó que contribúe a serie americana da Netflix Narcos, que trata sobre a captura de Pablo Escobar en Colombia e estreou recentemente a súa segunda tempada. Pero non só temos series americanas sobre este tema, imos facer un repaso doutras series e libros.  Tranquilos, só hai un spoiler doutra serie e avisaremos antes de que chegue.

Seguir lendo “Narcos: series, libros e unha foto”

Avaliando ó Feijoo xestor

Cando chegan unhas novas eleccións é necesario facer un balance da xestión do goberno saínte. Así como un xestor dunha empresa ten que dar conta dos seus beneficios ou perdas e un científico ten que presentar os seus traballos publicados, un político debería presentar os datos da súa xestión. Pero continuando co exposto neste post, semella que as avaliacións que facemos dos políticos non están baseadas en datos que se poden medir, senón máis ben en sensacións sobre eses datos creadas con titulares de prensa. Imos neste post a analizar seriamente os datos da xestión de Feijoo.

Seguir lendo “Avaliando ó Feijoo xestor”