Quen se parece máis a Galicia?

Hai uns días saíu a enquisa do CIS sobre as eleccións galegas. Xa sabedes que as enquisas electorais non tenhen moita fiabilidade. E ademais desta vez a recolección de datos está feita por unha empresa privada e non polo propio CIS, polo que aínda temos máis dúbidas. Pero no CIS non só se calculan cantos escanos vai ter cada partido, hai moitos máis datos moi interesantes. E eses datos sírvenos para conhecer mellor ó noso país. Así que, como é Galicia politicamente? Di Feijoo que o PP é o partido que máis se parece a Galicia. Pero é mellor preguntarlle ós propios cidadáns. A ver que nos din!

Na sección de “Tabulación por variables sociodemográficas” que podemos atopar neste enlace vemos datos moi interesantes. Imos centrarnos na pregunta número 12: ¿por qué partido o formación política siente Ud. más simpatía o cuál considera más cercano a sus propias ideas? O CIS amósanos a simpatía por cada partido en función de variables como a idade ou o nivel de estudos.

Os resultados segundo a idade están neste gráfico. Non nos sorprenden as tendencias que vemos, pero si as enormes diferencias que atopamos entre os distintos grupos. O PP non é o partido que máis se parece a Galicia. A simpatía da Marea, PSdeG e BNG en xente ata os 35 anos dobra á da suma de PP e Cs. A Marea é hexemónica na xente xove. Pola outra banda, o PP só é hexemónico entre a xente de máis de 65 anos, o PP é o partido da xente maior de Galicia. 

simpatia_idade

O envellecemento da poboación galega axuda a mellorar os resultados do PP e ademais o último goberno da Xunta tivo un perverso incentivo. A gran emigración de xente xove nestes últimos anos aumentan as posibilidades electorais do PP. Por último, este fenómeno non é novo, xa hai bastantes anos tinha o BNG un gran apoio entre a mocidade. Por que non se converteu aínda ese apoio contrario ó PP nunha clara maioría social?  É un debate complexo, pero a emigración desa xente xove é un dos principais factores.

Imos presentar agora ss resultados segundo o nivel de estudos na seguinte figura. Novamente, o electorado do PP non é representativo da realidade galega. O PP é hexemónico entre a xente sen estudos ou estudos básicos. Entre a xente que rematou secundaria, FP e que foi a universidade, o apoio a Marea e PSdeG dobra ó apoio ó PP. Temos tamén que comentar algo que debería ser evidente, un título universitario ou unha maior formación non é ningunha garantía da valía dunha persoa, e a democracia significa unha persoa, un voto. Pero si que hai que ter en conta que se unha persoa tivo a oportunidade de seguir estudando, no instituto e na universidade, tivo tamén xeralmente máis ocasións de ampliar o seu conhecemento e horizontes. Que as aproveitase ou non xa é outra cousa, pero o que nos din estes números e que cantas máis oportunidades tiveches de formarte, menos probable é que apoies ó PP.

simpatia_estudos

Polo tanto, parécese Galicia ó PP? Por sorte non, Galicia estaría entón aínda moitísimo máis envellecida e pouco formada. Pero a Galicia real é máis xove e mellor formada. Mirando os datos, o discurso do PP sería máis axeitado para o PSdeG, cuns apoios máis repartidos entre distintos sectores. A pregunta que nos facemos é, mirará Feijoo os resultados do CIS? Seguro que os conhece, outra cousa é que lle interese falar deles.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s