Narcos: series, libros e unha foto

O tema do narcotráfico parece que está de moda, ó que contribúe a serie americana da Netflix Narcos, que trata sobre a captura de Pablo Escobar en Colombia e estreou recentemente a súa segunda tempada. Pero non só temos series americanas sobre este tema, imos facer un repaso doutras series e libros.  Tranquilos, só hai un spoiler doutra serie e avisaremos antes de que chegue.

A serie Narcos ten unha boa factura técnica e consegue manter a atención do espectador, pero tamén é criticada por abordar un tema complexo dende o punto de vista dos americanos da DEA que traballaban en Colombia, tendo só unha perspectiva parcial do conflito. É dicir, non se chega a entender que significou o narcotráfico e como funcionaba Medellín na época de Escobar. Existe outra serie colombiana sobre o mesmo tema: Pablo Escobar, el Patrón del Mal. É unha serie moito máis longa, de menor calidade técnica e que se converte por momentos nun culebrón, pero aproxímase algo máis á realidade colombiana. Con esta serie entendemos mellor como foi a subida e a caída de Escobar, pero quedan cousas importantes sen contar. A serie comeza cada capítulo coa frase “Quien olvida su historia está condenado a repetirla“, que é unha intención loable, pero para iso hai que contar toda a historia. O apoio popular de Escobar explícase na serie polo uso da violencia, que é unha razón básica, pero falta o outro elemento común a case tódalas mafias: a súa capacidade de substituír funcións do estado cando este non está presente. Este serie non entra nesta análise, polo que aínda que axuda máis que Narcos a entender o que pasou, déixanos coa sensación de que nos falta algo máis.

Movéndonos máis ó norte, o foco do narcotráfico está nestes días en México, e aquí os libros de Don Winslow son todo una referencia. Cun estilo moi directo, e por momentos violento, mostra con toda crueza en The Power of the Dog (O poder do can) e The Cartel o mundo do narcotráfico mexicano. Recomendable lelas se se pode en versión orixinal en inglés para apreciar os cambios habituais entre o inglés, maioritario, e o castelán que se emprega en ocasións para remarcar aspectos salientables. Nestes libros si que obtemos unha visión global do conflito sen caer nas simplificacións e creación de heroes impolutos da anterior serie.

Pero non só hai narcotráfico en América, tamén é un problema en Europa e especialmente en Galicia. Un libro moi recomendable sobre a historia do narcotráfico en Galicia é Fariña, de Nacho Carretero. Temos moitos momentos memorables que non se deben esquecer: a reunión do presidente da Xunta Albor nun hotel de Portugal para negociar o futuro dos principais traficantes galegos alí reunidos, historias dos narco-alcaldes do PP nas Rías Baixas ou as relacións do goberno de Felipe González cos narcos colombianos. Un exemplo da crítica anterior a El Patrón del Mal é que na serie televisiva aparece mencionada varias veces Espanha, pero a relación co goberno do PSOE non queda clara. Temos que ler Fariña para entender mellor o que pasou.

E por último, unha serie da TVG con moito éxito hai uns anos: Matalobos. Sempre hai cousas que se poderían mellorar, como por exemplo incluír as míticas desaparicións de alixos unha vez incautados, problema que se obviou, pero é unha serie moi recomendable e vai máis alá do que poderiamos esperar para unha serie dunha televisión pública e feita para un público moi amplo. Netflix ou a HBO tenhen públicos moito máis segmentados, o que axuda a tratar certos temas dun xeito máis arriscado e menos conservador. E non podemos deixar de comentar, o que logo imos enlazar coa serie Matalobos, a vergonha que supón para Galicia ter un presidente da Xunta do que se publicou esta foto no ano 2013.

feijoo-narco

O diario El País publicou fotos nas que se evidencian a relación de amizade entre o narco Marcial Dorado e o presidente Alberto Nuñez Feijoo. Nuns días teremos a primeiras eleccións onde o pobo poderá por primeira vez xulgar politicamente de xeito directo a Feijoo, e esperemos que a resposta non sexa a absolución, xa que unha persoa con este pasado non está habilitada moralmente para ocupar a presidencia da Xunta. Xa bastante foi que non dimitise no momento da publicación.

E para rematar, aquí ven o spoiler de Matalobos.

…….

…….

…….

Sempre se comentou que os guionistas de Matalobos estaban moi ben informados. Aínda que neste blog gústanos falar de datos, imos esta vez facer unha excepción e especular un pouco. Será casualidade que un dos narcos da serie se apelide Dourado, igual que o amigo de Feijoo Marcial Dorado? E aquí ven o spoiler. Moito se parece fisicamente o comisario Alberto Guzmán (alias Aníbal) a outro Alberto, neste caso Alberto Nuñez Feijoo, que como el acabouse demostrando que tiña moito máis que ver co narcotráfico do que debía. Aquí van as fotos dos protagonistas de Matalobos para que a comparedes coa anterior.

matalobos

Fotos de 1 e 2.

 

Advertisements

Un comentario en “Narcos: series, libros e unha foto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s